“Xestión Medioambiental dos Talleres de Vehículos e tramitacións Informes Medioambientais” e “Asesoramento Empresarial e orientación normativa a talleres”

A “Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais” da CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN, outorgou unha subvención a ATRA por importe de 41.846,67 € para a contratación de un “Profesional da educación ambiental” e un “Asistente de dirección e administrativos” para que desenrolen os proxectos denominados “Xestión Medioambiental dos Talleres de Vehículos e tramitacións de Informes Medioambientais” e “Asesoramento Empresarial e orientación normativa a talleres” respectivamente.

Esta axuda está cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro do obxectivo político 4 «Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais», prioridade 5 «Emprego xuvenil», obxectivo específico ES04.1. «Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da garantía xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social», e medida 5.A.02. «Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas».

Os beneficiarios son mozos desempregados inscritos no “Sistema Nacional de Garantía Xuvenil”, e o servizo a realizar ten un marcado interese xeral e social dado que se levarán actuacións nas que están implicados o noso sector de reparación de vehículos, dando así resposta as melloras que temos desenrolado nos últimos anos.

Cada un dos proxecto teñen unha motivación diferenciada e permitirán adoptar distintas medidas:

“Xestión Medioambiental dos Talleres de Vehículos e tramitacións de Informes Medioambientais”

As actuacións principais que se realizarán son a de recabar información e documentación sobre o cumprimento das obrigas administrativas medioambientais nos Talleres de Reparación de Vehículos, con especial incidencia no “Rexistro de Pequeno Productor de Residuos de Galicia”, a “Memoria anual de Residuos”, “Informe Preliminar de Situación de Solos”, “Autodiagnóstico Ambiental”, “Autorización de vertidos”, etc.

Tamén haberá un traballo de asesoramento para a correcta xestión dos residuos, tanto perigosos coma non perigosos, e paralelamente se fará unha labor de xestión documental, especialmente na necesidade actual de ter dixitalizada a documentación en prol dun menor gasto de papel que redundará de maneira beneficiosa tamén nesta materia medioambiental.

“Asesoramento Empresarial e orientación normativa a talleres”

O obxectivo deste proxecto é ofrecer ás empresas do sector un servizo integral de asesoramento técnico e legal, axudándoas a adaptarse ás esixencias normativas e administrativas que afectan á súa actividade. Preténdese así fortalecer a competitividade do sector.

Ambos proxectos responden á búsqueda continua de apoiar aos talleres de vehículos na súa adaptación aos novos retos ambientais e reguladores, facilitando ferramentas e coñecemento para un funcionamento responsable e eficiente.

Por último sinalar a posibilidade que lles da ós mozos contratados de iniciarse no mercado laboral en funcións relacionadas có seu perfil profesional, e poder así obter unha experiencia laboral que lles permita no futuro optar a novas incorporacións no seu ámbito profesional.

Subvención

C/ Príncipe 22 5º - 36202 - Vigo - Tlf: 986 224 702 - Fax: 986 224 832 - web@atra.gal - Contacto - Nota Legal