SUBVENCIÓNS CONCELLO DE VIGO 2020

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO CONCELLO DE VIGO 2020”

Técnico de Relación có Cliente

Proxecto- “A Xestión Legal e Administrativa no Sector da Reparación de Vehículos”

A “Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación con Sindicatos“ do Concello de Vigo, outorgou unha subvención a ATRA para a contratación de un Técnico de Relación có Cliente para o desenrolo dun proxecto.

Este proxecto subvencionado polo Concello de Vigo, serve para financiar os gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego do asociacionismo e da participación cidadá.

Os beneficiarios de este plan de Fomento do Emprego do Concello de Vigo son desempregados empadronados neste Concello, inscritos como demandantes de emprego no Sistema Público de Emprego.

As actuacións principais que realizará o “Técnico de Relación có Cliente” son labores técnicas nesta materia como son por exemplo a contestación de reclamacións de consumo presentadas nos talleres, asesoramento ás empresas respecto ás reclamacións, Xestión e asesoramento en materia industrial, e outras funcións técnicas relacionadas nestas materias.

Ademáis da mellora de estas labores técnicas, o que se busca é que o técnico teña tamén a oportunidade de que se forme en materia de consumo e reclamación de débedas, posto que se espera que os traballos que realice lle poda servir como experiencia para se converter nun profesional no ámbito sinalado, e se buscará a especialización neste senso ó longo do proxecto

Sinalar que o periodo do servizo abarca dende os meses de xuño a setembro do 2020.


Concello de Vigo

C/ Príncipe 22 5º - 36202 - Vigo - Tlf: 986 224 702 - Fax: 986 224 832 - web@atra.gal - Contacto - Nota Legal