Noticias
XORNADA “EMPRESAS EN REDE”
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, en colaboración coa entidade red.es do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, está a organizar a Xornada "EMPRESAS EN REDE".
Iniciativa enmarcada na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, dentro da súa liña estratéxica EconomIC-T: "Empresa innovadora e economía dixital", que ten como obxectivo promover a Sociedade da Información no tecido empresarial galego.
Esta xornada vai dirixida ao sector dos Talleres de venda, mantemento e reparación de vehículos, onde se presentará información clara e se realizarán demostracións prácticas de solucións tecnolóxicas para mellorar a competitividade deste sector.
A Xornada terá lugar o vindeiro mércores 16 de febreiro de 2011 en Santiago de Compostela no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia na rúa Airas Nunes, s/n - Conxo de 09:30 a 12:30 horas.
Para a súa inscrición pode facelo a través dos teléfonos 901.900.333 / 881.999.119, ou ben a través das páxinas web www.jornadasempresasenred.es, http://imit.xunta.es/portal/dinamizaciondasociedadedainformacion/, onde tamén poderá informarse de todos os detalles da Xornada.
Xornada Empresas en Rede
Sector de "Talleres de venda, reparación e mantemento de vehículos"
Data: 16 de febreiro de 2011
Horario: 09:30 - 12:30 horas
Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia:
Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo
15702 - Santiago de Compostela
A Coruña
PROGRAMA
09:45h Benvida institucional.
- Yolanda García Ulla, Subdirectora Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información.
- J.Manuel Pose Mesura, Subdelegado do Goberno en A Coruña.
- Rafael Chávarri, Portavoz de red.es.
10:00h Presentación do "Programa de Empresas en Red".
10:10h Presentación das solucións tecnolóxicas e resultados da súa implantación nos proxectos demostradores desenvolvidos:
"Definición de TPV e Equipo de diagnose multimarca, características, vantaxes, que aporta o noso negocio,
resultados do proxecto demostrador de TPV Venta e Reparación de vehículos en Galicia e en outras
Comunidades Autónomas".
10:45h Casos prácticos (demostración da solución tecnolóxica realizada por provedores-colaboradores de TPV e de Equipo de diagnose multimarca).
11:25h Pausa para o café.
12:05h Caso de éxito.
12:30h Conclusións e enquisa de satisfacción.
12:40h Clausura do acto e visita a zona expositiva.
Ás 12:35h celebrarase o sorteo dun Notebook con conexión 3G gratis durante 6 meses.
escrita el 14-02-2011