Noticias
CURSO DE ESPECIALIZACION “MANTEMENTO DE VEHÍCULOS HÍBRIDOS E ELÉCTRICOS” EN EL CIFP A XUNQUEIRA – PONTEVEDRA.
Desde al CIFP A Xunqueira de Pontevedra nos informan de la convocatoria del curso de especialización "Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos", con una duración de 650 horas, por si algún asociado está interesado en el mismo.
Os cursos de especialización teñen por obxecto completar as competencias das persoas que dispoñan xa dun título profesional para incorporar á formación do alumnado as últimas innovacións que se produzan no sistema produtivo.
O noso CIFP oferta, para o ano académico 21-22, o curso de especialización "Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos" destinado a alumnado que xa posúa algún dos seguintes títulos de grao medio: Electromecánica de vehículos automóbiles, Electromecánica de maquinaria, Mantemento de material rodante ferroviario.
Ten unha duración de 650 horas e coa finalidade de facilitar a formación de persoas traballadoras ou con cargas familiares, os cursos de especialización impartiranse en horario de tarde e noite durante un único curso académico.
Prazo de admisión (solicitude): Do 25 de xuño ao 5 de xullo ata as 13:00 h. A solicitude de admisión farase a través da aplicación informática ciclosadmision
Unha vez publicada o listado de admisión, teredes que formalizar a matrícula (consulta o calendario)
Consulta o perfil profesional
www.edu.xunta.es/fp e o currículo no arquivo adxunto.
Podes consultar toda a información en www.edu.xunta.es/fp
Esperando resulte de su interés, reciba un cordial saludo,
escrita el 02-07-2021