SUBVENCIÓNS CONCELLO DE VIGO 2017

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO CONCELLO DE VIGO 2017

TÉCNICO INFORMÁTICO ATRA

A “Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación con Sindicatos “ do Concello de Vigo, outorgou unha subvención a ATRA para a contratación de un Técnico Informático para o desenrolo dun proxecto.

Este proxecto subvencionado polo Concello de Vigo, serve para financiar os gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego do asociacionismo e da participación cidadá.

Os beneficiarios de este plan de Fomento do Emprego do Concello de Vigo son desempregados empadronados neste Concello, inscritos como demandantes de emprego no Sistema Público de Emprego.

As actuacións principais que realizará o Informático son labores técnicas e de xestión. Ademais tratará de mellorar a nova intranet de ATRA, xunto co persoal da asociación, segundo a base do sistema xa existente que temos nesta materia, así coma múltiples tarefas relacionadas có seu perfil profesional.

Sinalar que o periodo do servizo abarca dende os meses de xuño a setembro do 2017.

C/ Príncipe 22 5º - 36202 - Vigo - Tlf: 986 224 702 - Fax: 986 224 832 - web@atra.gal - Contacto - Nota Legal