CONTRATACIÓN DE TÉCNICO

“PROGRAMA DE AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE TÉCNICOS EN ORGANISMOS INTERMEDIOS PARA O ASESORAMENTO A EMPRESAS” (Procedemento TR332C)

Técnico para o asesoramento respecto o novo escenario económico do COVID-19

A “Consellería de Economía, Empresa e Innovación” (antiga “Consellería de Economía, Emprego e Industria”) da Xunta de Galicia, outorgou unha subvención a ATRA para a contratación de unha Técnico-Asesora para o asesoramento a empesas en situacións conxunturais provocadas polo escenario económico do COVID-19.

Esta contratación ten como obxecto dar un maior acompañamento ás empresas que están a sufrir esta importante crise, e está subvencionada a través da Xunta de Galicia e financiada polo FSE, o cal asume a xestión da maior parte do coste da contratación dos oito meses que a Técnico-Asesora vai realizar para ofrecer este servizo a pequenas e medianas empresas a través de organismos intermedios (coma son as organizacións empresariais).

A contratación financiada polo FONDO SOCIAL EUROPEO se engloba no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, aportando a administración un importe de 13.500,00 € para a contratación temporal de unha Titulada Superior Universitaria, que no momento da súa contratación estivese en situación de desemprego e inscrita no Sistema Público de Emprego.

Entre os diferentes escenarios de apoio de esta iniciativa, están a captación de financiación e xestión financieira da empresa, transformación dixital e asesoramento tecnolóxico, prevención de riscos laborais, apoio na implementación de proxectos e ferramentas de teletraballo, ou o apoio en procesos de contratación de personal (procesos de selección).

O perfil da Técnico-Asesora contratada é a de unha GRADUADA EN DEREITO, quen exercerá as labores sinaladas ó respecto, principalmente no ámbito das modificacións normativas desenroladas a consecuencia do COVID-19, para o apoio ó sector empresarial do noso sector.

Sinalar que o periodo do servizo abarca dende os meses de setembro de 2020 a maio de 2021.

Técnico para o asesoramento respecto o novo escenario económico do COVID-19

C/ Príncipe 22 5º - 36202 - Vigo - Tlf: 986 224 702 - Fax: 986 224 832 - web@atra.gal - Contacto - Nota Legal